Betabeers Galicia debullará as tendencias en bases de datos

martes, 21 de marzo do 2017 Marcus Fernández

O centro de coworking sito na rúa Novo Mesoiro da Coruña, WeKCo, acolle unha nova edición de Betabeers Galicia, concretamente a número 27, cita que terá lugar o xoves 30 de maio de 20:00 a 21:30 horas. Aínda que o programa completo desta primeira cita de Betabeers en Galicia durante 2017 aínda non se coñece, xa hai numerosos inscritos vía web, polo que recoméndase aos interesados en acudir que vaian confirmando a súa asistencia.
A actividade confirmada dentro da vindeira edición de Betabeers Galicia é a charla técnica principal titulada Auxe e caída de NoSQL: un paso atrás para dar un salto cara adiante, coa que Alfredo Novoa, consultor de base de datos e coordinador do departamento de bases de datos de Centraldereservas.com. Na súa intervención Novoa analizará o que aconteceu coa chegada de NoSQL, alternativa ao SQL que non conseguiu callar pese ás súas boas expectativas, aproveitando a ocasión para detallar as últimas tendencias no eido das bases de datos e que pode perdurar no movemento NoSQL.

PUBLICIDADE