BlockGalicia reivindicou a tecnoloxía das cadeas de bloques e a súa transversalidade
martes, 3 de outubro do 2023
A pasada fin de
semana BlockGalicia converteuse no
evento referencia da tecnoloxía blockchain a nivel nacional e xa con
transcendencia a nivel internacional combinando nun macroevento a profesionais
desta tecnoloxía nas distintas áreas de aplicación, desde a industria
alimentaria até a ciberseguridade, pasando polo metaverso, os NFT e o gaming.
O congreso
conseguiu superar os seus obxectivos, que eran ser un evento formativo,
educativo e divulgativo transversalmente, desmitificar a errónea concepción de
relacionar exclusivamente a tecnoloxía blockchain coas criptomonedas e coa
ilegalidade e destacar a transversalidade da aplicación desta disruptiva
tecnoloxía.
Unha das xornadas
máis importantes do evento foi a que a organización denominou día 0, na
que a aceptación e participación dos congresistas foi masiva, e no que se
introduciu a este tecnoloxía ao público xeral, achegando os fundamentos e
outros elementos como a ciberseguridade e a lexislación.
Durante a inauguración
do congreso destaca a participación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos
de Telecomunicación de Galicia, a través do seu decano, José Manuel Martínez, quen
foi moi esixente e reivindicativo perante os asistentes e as institucións: “Por
desgraza, desde o punto de vista dunha estratexia institucional recoñecible a
escala nacional, non estamos a atender coa seriedade necesaria o salto que se
está producindo con en relación coas Telecomunicacións, a transformación
dixital, a IA e as súas aplicacións. Fáltanos ambición á hora de aproveitar as
oportunidades que as telecomunicacións e o blockchain pódennos ofrecer como
sociedade”.
Tanto a Xunta de
Galicia, patrocinador do evento e representada por RETEGAL no acto inaugural,
como o Concello de Santiago de Compostela, recolleron a luva á proposta do
decano autonómico. Comprometéronse a integrar esta tecnoloxía na administración
coa axuda de ambos os organizadores COETTGA e AGALBIT, así como a facilitar
este tipo de eventos tan necesarios na sociedade de hoxe en día, “a
dixitalización e a evolución tecnolóxica pasa primeiramente pola formación da
nosa sociedade”.
A organización do
I Congreso internacional de Blockhain de Galicia concluíu que o encontro soubo
a pouco, pese a que as súas actividades desenvolvéronse ao longo de tres
xornadas intensas, con charlas, obradoiros e mesas de debate.
Expresáronse opinións e conclusións moi significativas de man dos asistentes
sobre produtos, aplicacións e tecnoloxías emerxentes, así como o propicio
ambiente de networking entre empresas e os profesionais que están a deseñar o
futuro da blockchain a nivel mundial. O gran logro do evento foi poder conectar
aos asistentes con profesionais e persoas afíns, establecendo un precedente
significativo no sector.
Durante estes
tres días, Santiago de Compostela transformouse no epicentro do coñecemento no
ámbito das telecomunicacións, a tecnoloxía blockchain e o futuro dun potencial
modelo económico-financeiro dixital mundial, coa importancia e responsabilidade
que todo iso supón.
A organización do
evento confía na súa consolidación en futuras edicións.