BlockGalicia xuntará na Coruña a centos de profesionais do sector da blockchain
mércores, 11 de setembro do 2024
Entre os dÃas 13 e 14 de setembro PALEXCO acollerá a segunda edición do Congreso Intenacional de Blockchain de Galicia, BlockGalicia, que prevé congregar uns 800 asistentes, que poderán coñecer as últimas novidades da man de preto de 40 profesionais de empresas de blockchain de Europa e América Latina.
Por primeira vez reúnense en Galicia referentes do sector da tecnoloxÃa blockchain como Israel Serrano, Javier Kurman, Pablo López, José Iglesias, Javier Belarte, Stina Biltrefil, Jesús Lorente, MarÃa Cerviño, Carlos Callejo ou VÃctor Muñoz, entre outros.
«O blockchain postúlase como a tecnoloxÃa que achega novas oportunidades que suporán un grande salto respecto ao internet que coñecemos e empregamos ata agora», sinala José Manuel MartÃnez, decano do COETTGA, «esta é unha ocasión única para coñecela de primeira man».
BlockGalicia conta co soporte de empresas lÃderes no sector das telecomunicacións e do blockchain como DEXTools, empresa con participación e orixe galega, que a nivel mundial é consultada e referencia no seu ámbito para máis de 20 millóns de persoas ao mes.
Ademais, o resto de referentes en integración de tecnoloxÃa blockchain, como BitBase, Material Bitcoin, Metlabs Blockchain, Tron, Polkadot, Fundación Luckia, Metis e BitLayer, Nomasystems ou Hijos de Rivera, entre outros, fan deste evento unha garantÃa de éxito e futuro, significando un respaldo e unha garantÃa para os asistentes e interesados.