Bloomberg asegura que o iPad Air terá versión dourada
mércores, 1 de outubro do 2014
Espérase que este mes chegue a agardada renovación do iPad
Air, e aÃnda que entre os rumores que habÃa ata o momento falábase moito dun
posible iPad con pantalla de 12,9 polgadas, orientado a usos profesionais, que
agora coméntase que poderÃa adiar o seu lanzamento ata 2015, de xeito que nas
vindeiras semanas Apple principiarÃa unha estratexia moito máis conservadora
para relanzar as vendas dos seus tablets: ofrecer novas cores. Segundo Bloomberg,
Apple
estarÃa a preparar a incorporación dunha versión dourada á familia do iPad,
que actualmente se limita ás cores prata e gris espacial, mentres que os
últimos iPhone 6 si contan co ouro entre o seu abano cromático.
Outros elementos que poderÃan achegar máis ao novo iPad Air e ao iPhone 6
serÃan a integración de NFC para pode empregar Apple Pay e o sensor Touch ID
para recoñecer as pegadas dixitais do usuario. Estas posibles novidades non
chegarÃan a través de filtracións, senón da análise da última versión de proba
de iOS 8.1, que incluirÃa evidencias desas caracterÃsticas, quedando agora que Apple
as confirme nunha presentación que poderÃa chegar en poucas semanas e na que
tamén poderÃa ver a luz un agardado iMac con pantalla Retina.
