Blusens aposta por MaxLinear para levar a HD ao seu web:tv
venres, 21 de xaneiro do 2011
A compañía galega de
electrónica de consumo Blusens, que o pasado ano, para satisfacción de todos os
que gustamos das novas tecnoloxías, lanzou ó mercado unha interesante
alternativa que levaba Internet á TV nun trebello de reducidas dimensións, vén
de escoller a solución de sintonización HDTV MxL101SF de MaxLinear para levar a
alta definición ao seu web:tv, o atractivo trebello do que estamos a falar.
O MxL101SF combina un
sintonizador dixital de altas prestacións cun demodulador TDT e permite a
integración dunha interface TDT completa nun so demodulador, o que proporciona,
segundo afirman dende a compañía, “prestacións
excepcionais así como un baixo consumo e custe contido”.
Todo o filtrado do
sinal de radiofrecuencia, filtro de selección de canles, demodulación e
corrección de erros están completamente integrados, reducindo o BOM e
simplificando o hardware.
Trátase pois, segundo
afirma o vicepresidente de marketing
de MaxLinear, John Graham, “dun perfecto
exemplo dunha plataforma pensada para a converxencia de medios audiovisuais”
Dende o seu
lanzamento, este produto galego que satisface a demanda dos seus clientes máis
esixentes en materia de ocio e entretemento audiovisual, xa leva colleitados os
máis eloxiosos comentarios pola súa innovación e prestacións polo que, Graham,
xa apurou a mostrar a súa satisfacción por “contribuir
ao seu éxito”.