Blusens busca a innovación na electrónica de consumo a través do proxecto PLATINO
mércores, 9 de maio do 2012
A empresa galega de electrónica de consumo Blusens está a
dedicar os seus recursos de I+D+i na investigación de produtos conectados, de
aà que decidise liderar o proxecto PLATINO
(PLATaforma Independente Operativa para equipos de electrónica de consumo)
contando coa colaboración de socios como as empresas galegas Igalia, Imation
Innovation e Cinfo, a empresa Interoud Innovation, a Fundación Centro
Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) e os centros
tecnolóxicos das tres universidades galegas (MODESTYA, MADS e DASA).
Este proxecto busca desenvolver unha experiencia de usuario única que permite
funcionalidades avanzadas como o control xestual ou facial, recomendadores de
contidos e un contorno para que os usuarios poidan facer as súas aplicacións
sen precisar de coñecementos técnicos, amais dunha experiencia multi
dispositivo e multi pantalla.
Executarase
dende o presente ano ata o 2014 e conta cun orzamento de 2.595.474 euros co
financiamento parcial do Fondo FEDER-Interconecta, por estar considerado como proxecto
estratéxico e innovador polo CDTI e a Xunta de Galicia.
O programa do proxecto enmárcase en 4 actividades:
Control, coordinación e difusión do proxecto
Especificación de requisitos
Deseño e desenvolvemento
Integración e probas
