Blusens está presente no salón Broadcast a través da súa participación no proxecto SATURNO
xoves, 27 de outubro do 2011
Esta semana o IFEMA (Madrid) acolle o Salón Profesional Internacional da
TecnoloxÃa Audiovisual, Broadcast It!, onde estará presente Blusens a
través do expositor de Hispasat, grazas a que a compañÃa galega de electrónica
de consumo está a colaborar no proxecto SATURNO,
financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación
CientÃfica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e o Fondo de Desenvolvemento
Rexional FEDER.
O proxecto SATURNO (SATellite Universal tv Redistribution NetwOrk) busca
desenvolver dispositivos e sistemas para o fogar dixital que permitan
aproveitar ao máximo as capacidades de distribución de contidos e servizos multimedia
das plataformas de difusión vÃas satélite actuais e futuras, asà como facilitar
o acceso a través de diferentes dispositivos multimedia existentes no fogar (de
aà que Blusens achegarse ao proxecto o seu produto estrela, o web:tv).
A motivación principal do proxecto é a distribución eficaz dos novos servizos
avanzados multimedia (alta definición, interactividade, Internet TV, vÃdeo
baixo demanda, televisión en 3D...), desenvolvidos ao redor da tecnoloxÃa
DVG-S2, que permite aumentar considerablemente a capacidade de transporte dos
satélites existentes, asà como a necesidade do sector de atopar sistemas de
distribución innovadores que permitan aproveitar as mencionadas capacidades,
maximizando as posibilidades e vantaxes para o usuarios final á vez que se
reduce o custo do equipamento de recepción necesario.
