Blusens presenta en Madrid o seu Catálogo de Produtos 2009
xoves, 25 de setembro do 2008
Blusens,
a compañÃa tecnolóxica galega de lecer dixital que, ao igual que os cativos do
colexio que asisten con ilusión aos primeiros dÃas do curso acabado de estrear,
comeza a súa andaina nunha nova tempada de novidades tecnolóxicas, vén de
anunciar a presentación do seu último Catálogo de Produtos para o 2009.
O acto, que terá lugar o vindeiro 1 de outubro
ás 20:30 horas no Hipódromo da Zarzuela en Madrid, servirá para que a firma
galega dea a coñecer a súa nova liña de produtos, tanto portátiles como para o
fogar que, ademais de cumprir coas expectativas que esixe o mercado, axústase
ás tendencias creadas para o vindeiro ano.
Blusens apuntou que aproveitará o devandito
acto de presentación para mostrar (por primeira vez en público) o funcionamento
dos novos dispositivos como o inminente HED, a súa principal aposta para o
fogar conectado que xa tivo unha gran acollida entre os medios de comunicación
especializados.
Os responsables da compañÃa anunciarán,
asemade, o nome oficial deste dispositivo no mesmo evento e presentarán en vivo
aos primeiros artistas que van ser lanzados por Blusens Music, o selo musical virtual de Blusens.

