Bolt estréase como unha nova solución de VoIP para Android
luns, 10 de febreiro do 2014
Nun momento no que son moitos os competidores que están a
saÃrlle a WhatsApp que non conseguen imporse pese a contar con funcionalidades
adicionais como a posibilidade de realizar chamadas mediante VoIP, chega unha
nova aplicación que só aposta pola voz, Bolt,
que polo momento só está dispoñible
para Android, e que permite substituÃr o marcado telefónico do smartphone,
de xeito que cando realicemos unha chamada detéctase se o destinatario emprega
Bolt, de xeito que establece unha
chamada de voz sobre IP sen custo adicional e, en caso de non poder establecer
tal comunicación a través da Internet, realizará unha chamada telefónica
ordinaria.
Esta aplicación que pode lembrarnos a Viber, esquece a mensaxerÃa instantánea,
e céntrase na voz, prometendo unha calidade de audio superior á dunha chamada
ordinaria, mantendo o tráfico de datos ao mÃnimo (de
media consumirÃa 60 Kbytes por minuto, polo que cun plan de datos de 1
Gb/mes poderÃanse realizar máis de 275 horas en chamadas, sen contar que as
chamadas realizadas dentro de cobertura Wi-Fi non afectarÃa ao consumo de
datos).
Bolt tamén destaca os nosos contactos favoritos baseándose no noso historial de
chamadas, axilizando o establecemento de chamadas dende o móbil. Ao parecer,
esta solución non vai quedar nunha aplicación para Android 4.0 ou superior,
senón que teñen previsto o lanzamento dunha versión para iPhone e incluso a
posibilidade de chegar a funcionar como un operador móbil virtual que funcione
mediante unha subscrición económica.

- Bolt pode substituÃr o marcador telefónico de Android
