Bota a andar a Galiciencia
martes, 24 de novembro do 2009
Un total de 104 estudantes procedentes de centros
das catro provincias galegas, de Barcelona e de Guipúzcoa defenden
os seus proxectos de I+D+i a partir de mañá na Galiciencia, a maior feira cientÃfica que se organiza en
Galicia. O obxectivo: gañar o premio ao mellor proxecto nas tres categorÃas que
se habilitaron por idades.
Unha nova instalación termo+fotovoltaica; fórmulas de
extracción de aceites esenciais de algas para elaborar cosméticos; unha mochila
ergonómica para evitar sobrecargas nas costas; un enxizador para tacos de
billar ou un protector para xeados que evitan que nos manchemos; un modelo de
roda para automóbil máis segura en mollado; e un equipo de microrrobots que
xogan ao fútbol e bailan. Esta é só unha mostra dos enxeñosos traballos que
estes investigadores precoces explicarán aos máis de dous mil visitantes que xa
ten confirmados a Galiciencia para
estes tres próximos dÃas.
Os alumnos, organizados en equipos nos que un dos
seus profesores actúa como titor, explicarán desde os seus expositores os
proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación a través de maquetas,
prototipos e murais. En total, serán medio cento de proxectos os que
protagonizan a cuarta edición da maior feira cientÃfica de Galicia, promovida
polo Parque Tecnolóxico de Galicia –Tecnópole– e patrocinada pola Dirección Xeral de I+D+I da
ConsellerÃa de EconomÃa e Industria.
A exposición, que terá lugar no recinto do Parque
Tecnolóxico de Galicia no concello ourensán de San Cibrao das Viñas (Ourense)
completarase con obradoiros e sesións didácticas. En total, trátase de 15
proxectos de escolares da provincia de Pontevedra, outros 15 de Ourense, 9 da
Coruña, 4 de Lugo, 6 de Barcelona e 1 de Guipúzkoa.
