Brión organiza cinco cursos de informática para nenos e nenas do concello

mércores, 5 de marzo do 2008 Raquel Noya

O Concello de Brión vén de anunciar que vai levar a cabo, do 1 de abril ao 30 de xuño, un total de cinco cursos de informática para os máis cativos do lugar. As clases, nas que poderán participar ata 50 alumnos, van dirixidas a nenos e nenas empadroados no concello e con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos.
En total habilitaranse cinco grupos de acordo coas idades dos participantes, que terán unha clase semanal dunha hora de duración, entre as 17:30 e as 18:30 horas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 25 de marzo para facelo persoalmente na Casa da Cultura do Concello de Brión. Aqueles interesados que prefiran realizar a súa inscrición a distancia, pode facelo por teléfono, chamando ao 981 509 908 ou a través da web www.briondixital.org. A admisión, segundo os responsables dos cursos, “realizarase por orde de inscrición” e o prezo por asistir as devanditas clases é de 20 euros por curso.