CDTI Innovación e GAIN avalian os avances da I+D+i en Galicia
venres, 13 de xuño do 2025
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e da Innovación (CDTI) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebraron o pasado mércores en Madrid a sexta Comisión Mixta de Seguimento do convenio asinado entre ambas entidades para fomentar a I+D+i en Galicia. A reunión serviu para avaliar os avances do Plan de Actuación vixente e consolidar a colaboración institucional que busca reforzar a participación das empresas galegas en programas nacionais e internacionais de innovación.
Segundo o informe de seguimento presentado, desde 2021 aprobáronse 330 proxectos de I+D+i para empresas galegas, cun investimento do CDTI próximo aos 150 millóns de euros. Tamén se destacou a participación galega en iniciativas como FEDER Interconecta, NEOTEC, Misiones CDTI, Proxectos Cervera ou o programa Innvierte, que mobilizou 3,7 millóns de euros en investimentos na comunidade.
A Comisión abordou tamén o impulso á Compra Pública Precomercial, na que Galicia participou mediante proxectos como o entorno de simulación U-Space ou un sistema de xestión global de ensaios clÃnicos, en colaboración co Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
No plano internacional, salientouse o crecemento da presenza galega en Horizonte Europa, cun 3,7 % do retorno nacional, mellorando asà os resultados obtidos no anterior programa H2020. Universidades e centros tecnolóxicos lideran esta achega, especialmente nos Clústeres de Industria, Saúde e BioeconomÃa.
Esta comisión reafirma o compromiso compartido do CDTI e GAIN para fortalecer o sistema galego de I+D+i e avanzar cara a un modelo produtivo máis innovador, resiliente e sustentable, aliñado cos grandes retos europeos da transformación dixital, a transición ecolóxica e a cohesión territorial.

