Cae a demanda de ordenadores ultraportátiles
venres, 15 de maio do 2009
Que 2008 foi o ano dos ordenadores ultraportátiles de baixo custo non
parece ser algo que dubide ninguén, pero a burbulla parecer ter esbourado, e
durante o primeiro trimestre do ano a
demanda deste tipo de equipos caeu un 26%, o que serÃa máis do que
poderiamos xustificar polo feito de que o Nadal disparase as vendas.
Pero este cambio de escenario poderÃa responder directamente a que o público
comezou a ser consciente do que realmente é un ultraportátil de baixo custo, e
que non
serve coma ordenador principal, o que deixou claro a súa importante
taxa de devolucións.
Tamén están a xogar un papel importante nesta situación o feito de que a
barreira entre un portátil pequeno e un ultraportátil é cada vez máis pequena,
as configuracións dos equipos non cumpren coas expectativas (normalmente
prometen unhas autonomÃas das que non son capaces coas baterÃas que inclúen de
serie) e incluso a proliferación de modelos moi dispares complica a creación de
marca deste tipo de ordenadores. Asà pois é razoable que estes equipos
recuperen o seu espÃrito inicial, e só os adquiran os usuarios que realmente os
necesitan ou poden tirar proveito deles.
