Caen estrepitosamente as vendas de reprodutores de HD DVD

xoves, 24 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O anuncio da Warner de deixar de comercializar películas en formato HD DVD que fixo a primeiros de xaneiro está a ter unha series repercusións sobre as vendas de reprodutores de discos de alta definición, pois os datos publicados por NPD destacan como o formato promovido por Toshiba pasou do 48,83% das vendas a primeira semana do ano a un 7,47% na segunda semana.
Curiosamente os reprodutores HD DVD son os máis baratos do mercado e os que tiñan maior base de usuarios (contabilizando aparte os reprodutores incorporados en consolas de videoxogos), pero a campaña mediática emprendida por Sony está a dar por vencedora da guerra de formatos ó Blu-ray, de aí que sexa o formato polo que se están a decantar actualmente as produtoras cinematográficas e os consumidores pese a que Toshiba asegure que aínda hai moi poucos usuarios como para considerar a guerra rematada.