Caixa Galicia investiu 12 millóns de euros en I+D+i en 2009
luns, 15 de febreiro do 2010
Caixa Galicia é unha
das empresas galegas que máis inviste en investigación, desenvolvemento e
innovación (I+D+i) cunha contribución de 12 millóns de euros no último
exercicio. A caixa galega achega o 4,2% do gasto total en I+D realizado polas
empresas privadas de Galicia en 2008 que ascendeu, segundo a información
publicada polo Instituto Nacional de EstatÃstica, a 280 millóns de euros.
Nos últimos tres anos a
caixa galega investiu máis de 18 millóns de euros en I+D+i, dun total de 192
millóns investidos en tecnoloxÃa, co obxectivo de ser pioneiros en innovación
tecnolóxica en Galicia. O director de Sistemas de Caixa Galicia, José Manuel
Valiño Blanco, subliña que «o
investimento en I+D+i é a única maneira de sermos competitivos no futuro».
Ao investimento puro en
I+D+i, Caixa Galicia suma 54,1 millóns de euros en investimentos en tecnoloxÃa
propia en 2009 (equipos, instalacións, redes, proxectos informáticos, etc.)
para seguir contando cunha das plataformas tecnolóxicas máis desenvolvidas do
sistema financeiro español e «satisfacer
as novas necesidades dos nosos clientes», asegura José Manuel Valiño. Entre 2007 e 2009,
a caixa galega investiu máis de 192 millóns de euros en tecnoloxÃa financeira.
A diferenza do resto de
empresas que, segundo o INE, reduciron un 8,6% o investimento en I+D+i, a caixa
galega aumentou un 340% o gasto en investigación, desenvolvemento e innovación
logrando certificar en 2009 un total de 12 millóns de euros en investimentos
tecnolóxicos en I+D+i que se realizaron en 2008.
Dende A Coruña, onde mantén
a base do seu Centro de Procesos de Datos (CPD), Caixa Galicia controla toda a
operativa das súas máis de 800 oficinas en España e as situadas no estranxeiro
e desenvolve toda unha serie de produtos e servizos innovadores. A división de
Sistemas da caixa galega conta cun cadro de persoal de 148 especialistas.
Entre os proxectos máis
importantes de I+D+i levados a cabo pola entidade destacan a posta en marcha da
plataforma bancaria Metrópolis, que
permite o desenvolvemento de novas aplicacións que melloren o servizo ofrecido
aos clientes, a plataforma avanzada de comunicacións Genesys que facilita a xestión dos
contactos de forma máis rápida e efectiva, o proxecto 6-Sigma que permite o estudo
detallado dos clientes ou a valixa electrónica enfocada á redución do uso de
papel, entre outros.
Vicente GarcÃa Lloréns,
responsable de Xestión de Activos de Caixa Galicia, asegura que «o investimento en I+D+i é
fonte de produtos e servizos innovadores».
Entre os proxectos en desenvolvemento para os vindeiros meses inclúense o
deseño dunha nova plataforma de banca internacional, unha plataforma de riscos
e un proxecto de desenvolvemento de tesourarÃa e mercado de capitais.
Entre os produtos e servizos
innovadores postos en marcha nos últimos anos por Caixa Galicia destaca o
Centro On, unha oficina que se sitúa na vangarda tecnolóxica entre as entidades
financeiras e que fusiona dous mundos: o virtual de Internet co fÃsico das
oficinas tradicionais.
Outro servizo innovador da
caixa galega é o HAL Cash que
permite o envÃo de diñeiro de forma inmediata a calquera teléfono móbil para
que poida ser retirado ao instante e en metálico en calquera dos máis de 13.000
caixeiros adheridos á rede en España.
