CambRED 2007: rede sen interrupción para 140 internautas ó longo da fin de semana
venres, 2 de marzo do 2007
Respecto dos encontros que xiran arredor da informática e das novas canles de comunicación en xeral, semella que a feitura de reunión institucional e máis ou menos corporativa está a deixar paso na nosa terra a un tipo de xuntanza onde ademais de adquirir coñecemento, os participantes tamén se divirten, e moito, e de xeito relaxado, Se cadra a cuarta edición da arroutada informática que comeza hoxe, a CambRED party, é un exemplo axeitado diso: de traballar a prol da divulgación entre concursos, xogos, relatorios e conexión ininterrompida á Internet de alta velocidade.
A cita é en Cambre (A Coruña), no seu polideportivo municipal, e está organizada pola ConcellarÃa de Xuventude e as asociacións de mocidade GXIC e AXOI. O encontro, que manterá as portas abertas ó longo de toda a fin de semana, non só vai encamiñado a ter baixo teito ós internautas previamente inscritos (un total de 140 persoas), senón que tamén inclúe unha serie de actividades e servizos para o público en xeral. A xuntanza, que basicamente vai orientada ós/ás usuarios/as mozos/as e a seareiros/as da informática, completarase con conferencias vinculadas a esta temática. Os participantes, que este ano (segundo informa a organización) incrementaron o seu número en 20 con respecto ó ano pasado, disporán dun espazo individual con mesa, cadeira e fÃos para conectar os seus equipos á Rede. Cada un destes postos inclúe unha conexión á rede internet Ethernet de 100Mbs, sendo automática a configuración da rede (grazas o servidor DHCP). Sexa como sexa, os organizadores manterán en activo un equipo de técnicos que tentarán solucionar calquera incidencia que poida xorder ó longo destes tres dÃas.
Venres: apertura oficial
Hoxe (venres 2 de marzo) está previsto que a xuntanza abra as súas portas a partir das 17.00 horas, co fin de que os participantes poidan ir instalando os seus equipos. Segundo informa a organización da iniciativa, ás 19.00 horas acudirá ó recinto o director xeral de Xuventude, Rubén Cela e máis a concelleira Natalia Fontenla, co obxectivo de inauguralo oficialmente.
