CaminoTool, unha nova ferramenta móbil para os peregrinos
luns, 10 de xullo do 2017
Cada vez son máis as ferramentas tecnolóxicas que os
peregrinos teñen á súa disposición á hora de encarar o Camiño de Santiago, e a
empresa compostelá Dinamedia Soluciones Técnicas tamén quere contribuÃr a un
Camiño mellor, polo que publicaron
en Google Play a aplicación móbil CaminoTool (a versión para iPhone estará
dispoñible proximamente) que ofrece completamente de balde para os peregrinos
información sobre aloxamentos, restaurantes, alimentación, bares, farmacias,
masaxistas, podólogos, dentistas, hospitais, perruqueiros, tendas de recordos,
roupa...
Esta ferramenta presenta unha selección de produtos e servizos de calidade, cun
amplo abano de prezos, buscando en todo momento achegar a información dun xeito
áxil e facilitando a posibilidade de recoller queixas ou dar a coñecer estragos.
CaminoTool permite que os seus usuarios inicien sesión no sistema para
consultar os seus datos e o seu histórico de accións; fai uso da
xeolocalización para indicar a posición dos establecementos que precisa o
usuario; permite valorar a experiencia para que outros peregrinos poidan ter as
opinións como referencia; facilita a notificación de queixas de distinto tipo
(como a detección de sinais rotos ou errados, a localización de perigos...); e
incluso integra un sistema de pagamentos para establecementos adheridos (nos
que tamén será posible gozar de descontos como recompensa á valoración de
experiencias dende a aplicación móbil).

- A aplicación móbil achega información dos distintos establecementos que hai ao redor do Camiño de Santiago facilitando ao peregrino satisfacer as súas necesidades
VÃdeo no que podemos ver o funcionamento da aplicación móbil
