Canal+ e Cinesa asócianse nunha oferta de vídeo baixo demanda

luns, 12 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Os subscritores de Canal+ podían acceder de balde a moitos dos seus contidos mediante a plataforma de vídeo baixo demanda e emisións en directo a través da Internet Canal+ Yomvi, o que facilitaba a achega de contidos ao PC, smartphones e tablets, que tamén estaba dispoñible para o público xeral por 16,95 euros/mes, pero que a partir do vindeiro xoves buscará reinventarse a través dun acordo con Cinesa, de xeito que por 7,95 euros/mes + IVE ofrecerán o Pack CINE/Series e o Pack Liga (con Canal+ Liga e Liga de Campións) por 14,95 euros/mes, que tamén terá acceso a servizos de taquilla, o que podería supor un importante avance no vídeo baixo demanda en España.
Yomvi combina con bastante acerto un servizo audiovisual baseado na Internet con tarifa plana para acceder a un videoclub e varias canles de televisión en directo, e unha taquilla con películas, series, documentais e partidos de fútbol fóra da tarifa plana antes mencionada, converténdose nunha alternativa aos operadores de televisión tradicionais.

PUBLICIDADE