Cancélase a vindeira edición de Mundos Digitales

venres, 14 de maio do 2021 Marcus Fernández

O Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Medios, Mundos Digitales 2021, tiña previsto celebrarse entre os días 8 e 10 de xullo, pero a situación sanitaria actual levou á organización a anunciar un ano máis a súa cancelación ante a imposibilidade de celebrar o encontro en condicións seguras.
A esencia de Mundos Digitales é a interrelación profesional e social, algo que na actualidade deber realizarse con fortes limitacións, e dado que aínda se entende que estas restricións son deben manterse polo ben de todos. A organización aproveita o anuncio para amosar o seu compromiso co sector, asegurando que xa están a traballar na edición de 2022 e outras iniciativas para fomentar, apoiar e contribuír ao desenvolvemento futuro da industria dos contidos dixitais.

JPEG - 116.3 KB
A situación sanitaria provocou á cancelación da edición de 2021 do evento

PUBLICIDADE