Canon chega aos 100 millóns de cámaras dixitais compactas comercializadas
mércores, 20 de agosto do 2008

- As cámaras dixitais compactas de Canon evolucionaron bastante nos últimos 12 anos
A fotografÃa dixital, xunto
coa telefonÃa móbil, é unha das tecnoloxÃas que máis rápido se implantaron no
mercado de consumo, e para ilustralo temos que Canon
está a celebrar a súa cámara dixital número 100 millóns, o que é un
momento histórico acadado en só 12 anos.
A primeira cámara dixital compacta de Canon fora
a PowerShot 600, que se puxera á venda en 1996 e que serÃa o
primeiro dos 106 modelos que comercializaron ata o presente mes. En todo este
tempo Canon xogou un importante papel no sector da fotografÃa dixital con
cámaras coma co lanzamento da IXUS Digital en 2000 (que poderÃa ser a cámara
que marcase o espallamento masivo da fotografÃa dixital), a PowerShot A70 (a
cámara máis vendida en 2003), a Digital IXUS i (que foi considerada como unha
cámara para o público feminino), a
PowerShot G7 (que en 2007 achegou unha resolución de 10 MpÃxeles a unha cámara
compacta) ou a PowerShot S5 IS (que incorporou un zoom de 12x).
