Canon e Toshiba comezarán a fabricar televisores SED en 2007
mércores, 4 de outubro do 2006
Os televisores están a vivir toda unha revolución tecnolóxica, que comezou coa aparición dos formatos panorámicos e que agora enfronta ás tecnoloxÃas LCD e plasma, pero que van ter que facer sitio a outra nova tecnoloxÃa impulsada por Canon e Toshiba, que anuncian que para 2007 lanzarán o primeiro televisor baseado en tecnoloxÃa SED que terá un tamaño de 55 polgadas e será fabricado por Toshiba.
A tecnoloxÃa SED consume a metade da enerxÃa que o plasma, e incluso menos que as pantallas LCD, pero destaca que ten unha duración semellante ós televisores CRT (ou de tubo), un contraste de 50.000:1 e un tempo de resposta de 1 ms., ou sexa, que supera en prestacións ás novas pantallas planas a un prezo competitivo.
Canon e Toshiba agardan que en 2008 xa acaden a produción masiva dos novos televisores baseados en pantallas SED (surface-conduction electron-emitter display, ou de superficie condutora de emisión de electróns) de xeito que poidan chegar a tempo para os Xogos OlÃmpicos de 2008 (xa que os grandes acontecementos deportivos propician a renovación de televisores).
As dúas compañÃas afirman que investiron 200.000 millóns de iens (1.336 millóns de euros) para desenvolver esta nova tecnoloxÃa que presenta pantallas máis delgadas, grandes e claras que poderán revolucionar o mercado trala consolidación das tecnoloxÃas de LCD e plasma, de xeito que ameazarán a posición dominante de Matsushita (Panasonic) e Samsung.
