Canon presenta unha aplicación móbil para controlar até 4 cámaras á vez

venres, 3 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Canon Europa presentou hoxe a súa nova aplicación Multi-Camera Control para iPhone, que permite aos usuarios unha conexión, control e monitorización sinxela de até 4 cámaras á vez, sendo compatible cos modelos XF605, EOS C70, EOS C300 Mark III e EOS C500 Mark II.
A nova aplicación permite controlar a distancia elementos da cámara como o zoom óptico, a exposición, o autofoco táctil, os perfís de imaxe... monitorizando até 4 cámaras simultáneas con pouca latencia, de xeito que é como controlar un estudio multicámara cos dedos.
A nova aplicación para iOS será completamente de balde e estará dispoñible a partir de decembro.