Charla sobre a situación do galego na Rede en Ordes
mércores, 14 de maio do 2008
- Camilio Regueiro representou á Asociación PuntoGal durante o encontro internacional de ICANN en Lisboa
Co gallo do DÃa das Letras Galegas e o DÃa
da Internet, a Rede de Dinamización organiza unha charla
no Centro Comarcal de Ordes sobre a situación do galego na Rede, que
terá lugar entre as 17:00 e as 19:00 horas deste xoves, contando
coa presenza de Camilo Regueiro, vicepresidente da Asociación PuntoGal,
que achegará a súa visión sobre a situación da lingua galega na Internet.
Tamén intervirán no debate O galego na
Rede os seguintes oradores: Ramón Vilar Landeira, director de Vieiros; Carlos
G. Meixide, autor do libro O home inédito
e VÃctor Fresco Barbeito, editor da Galipedia.