Chega a R a 123ª edición do Roland Garros a través de Eurosport 4K
xoves, 23 de maio do 2024
R vén esta semana con grandes novidades. Primeiro informamos esta semana da estrea de Max na súa grella de plataformas e agora a operadora galega pon o foco nos deportes e achega aos seus clientes, a partir do 26 de maio, o Roland-Garros a través de Eurosport 4K.
Deste xeito, as e os clientes de TV Total de R poderán gozar, máis unha vez, coa máxima calidade de imaxe, da 123a edición do mítico torneo de tenis, que emite ao completo e en directo Eurosport dende o domingo 26 de maio ata o 9 de xuño en París.
R explica que a ampla cobertura de Eurosport nas súas canles (Eurosport 1, dial 70, e Eurosport 2, dial 71) durante as dúas semanas nas que se desenvolve o segundo Grand Slam do ano estará encabezada polos/as seus/súas expertos/as Álex Corretja, Carla Suárez, Nico Almagro, Anabel Medina e un amplo equipo de comentaristas. Ademais, a operadora galega engade que ao rematar cada xornada, o programa Pasando bolas traerá a análise da actualidade de Roland-Garros en Eurosport 2.
Por outra banda, o campionato Grand Slam tamén estará dispoñíbel a través de Eurosport 4K no dial 69 para os/as clientes/as de TV Total sen custo adicional, onde emitirá todos os partidos que se disputen sobre terra batida da pista central Phillippe-Chatrier en ultra alta definición, grazas á diferenciación que proporciona a tecnoloxía 4K combinada coa calidade da rede de R.
Por outra banda, os partidos poderanse ver ata en 6 dispositivos, e a comunidade de seareiros do tenis terá ao alcance da súa man (unha e outra vez) os seus momentos máis emocionantes grazas a funcionalidades como gravación, rebobina (volver ao comezo dun programa xa empezado) ou últimos 7 días (acceso á programación emitida durante a última semana), dispoñibles nas canles Eurosport 1 e Eurosport 2.