Redemar estrea páxina web
xoves, 20 de xuño do 2024
A ConsellerÃa do Mar creou no ano 2022 ao amparo do Programa Operativo para España do anterior Fondo Europeo MarÃtimo e Pesca (Femp) a rede de colaboración entre o sector pesqueiro e os organismos cientÃficos galegos co obxectivo de fomentar o intercambio e a transferencia de coñecementos e aportar novas respostas aos desafÃos presentes e futuros aos que se enfronta a actividade pesqueira. No seu primeiro ano, esta plataforma estivo desenvolvendo a súa misión entorno a seis grupos de traballo e 9 proxectos de investigación que contaron coa participación das tres universidades galegas, do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), das federacións de confrarÃas Galega e da provincia de Pontevedra asà como de máis de 18 pósitos.
Na liña de ampliar as canles de intercambio de información e a visión xerada sobre as actividades do seus membros a Xunta lanza a páxina web de Redemar co obxectivo tamén de que sirva como novo escaparate tanto dentro como fóra do sector do mar no cal dar a coñecer o traballo que se está a desenvolver entre o gran público. Na páxina web os usuarios poderán atopar diferentes apartados nos que coñecer as xuntanzas celebradas, proxectos e actividades executadas e os seus resultados, información dos grupos de traballo asà como un espazo no que descargar a documentación necesaria para realizar novas propostas á Rede.
Este espazo en liña desenvolvido en colaboración coa AMTEGA, emprega ferramentas de código aberto e garante os requisitos de usabilidade e accesibilidade que estable a Administración autonómica na súa polÃtica de presenza na Internet.