Chega a versión 11 do Reprodutor Multimedia de Windows
martes, 31 de outubro do 2006
Despois de varios meses de probas e versións previas, finalmente temos aquà o Reprodutor Multimedia de Windows (WMP) na súa versión 11, que destaca principalmente ca súa integración con varias tendas de música on-line (coma Urge da MTV) no que supón un achegamento ás prestacións do iTunes de Apple, que tamén coincide nas funcións de sincronizacións con reprodutores multimedia portátiles, de xeito que os usuarios de dispositivos compatibles poderán valerse do novo programa de Microsoft para achegar música da Rede.
Os cambios na estética do WMP aseméllano tamén a iTunes, mellorando a súa aparencia anterior de xeito substancial, o que agradecerán os usuarios que o empreguen. O reprodutor incorpora atallos para acceder á reprodución en curso, á nosa biblioteca de contidos, ás opcións de gravación, á sincronización con dispositivos externos e mesmo a tenda musical da MTV, Urge, que é a principal aposta de Microsoft, e que pode non resultar do agrado de tódolos usuario, pois quen non estea interesado en mercar música a través da Internet terá que aturar a marca de Urge no seu reprodutor no que resulta un tipo de publicidade intrusiva que Microsoft debeu dar a opción de ocultar.
Para o tratamento de CD, aparte da súa gravación, o WMP 11 tamén permite a súa conversión a ficheiros, soportando dende o WMA e o MP3 como a ficheiros WAV sen perda de calidade, destacando a súa facilidade de uso.
As función de sincronización, por outra banda, serán benvidas por propietarios de reprodutores coma o Creative Zen V Plus e incluso por outros dispositivos que poden funcionar coma reprodutores multimedia domésticos como a consola Xbox 360, aÃnda que polo momento estas opcións parecen só axeitadas para a sincronización musical, xa que a transferencia de ficheiros de vÃdeo pode converterse nunha tortura (pois as redes locais domésticas son demasiado lentas para unha fluÃda transferencia de grandes ficheiros).
Temos asà un reprodutor multimedia mellorado, que os usuarios que o queiran empregar coma centro multimedia agradecerán.
