Chega ás tendas a PSPgo

xoves, 1 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Hoxe chegou ás tendas españolas a polémica consola de videoxogos portátil PSPgo, que destacan fronte ás súas predecesoras por desbotar o soporte físico dos xogos e facer unha aposta radicar a prol da distribución dixital, integrando un disco interno de 16 Gb para o almacenamento dos xogos adquiridos mediante descarga.
A meirande parte dos títulos dispoñibles para a PSPgo están a prezos de entre 9,99 e 39,99 euros, ou sexa, un prezo equivalente ao que terían nunha tenda de videoxogos, pese a que carecen de caixa e de custos de transporte e almacenamento, polo que, aparte dos xogos de PSP que actualmente están á venda en UMD, a PSPgo tamén inclúe no seu catálogo de xogos descargables os Minis, toda unha sorte de títulos que buscan replicar o éxito dos xogos para o iPhone, polo que saen a prezos relativamente reducidos (entre 2,99 e 4,99 euros), pese a que os mesmos títulos para o móbil de Apple custan bastante menos (a terceira parte en varios casos).
Xa o día da súa estrea a PSPgo permite a adquisición dos seguintes videoxogos:
- FIFA 10 (39,99€)
- Beaterator (29,99€)
- Gran Turismo (36,99€)
- MotorStorm Arctic Edge (36,99€)
- PixelJunk Monsters Deluxe (12,99€)
- Rock Band Unplugged (Starter Pack) (3,99€)
- God of War: Chains of Olympus (19,99€)
- Thexder Neo (7,99€)
- Grand Theft Auto: Liberty City Stories (17,99€)
- Grand Theft Auto: Vice City Stories (17,99€)
- Soul Calibur: Broken Destiny (29,99€)
- Midnight Club L.A. Remix (17,99€)
- Midnight Club 3 DUB Edition (17,99€)
- IL2 Sturmovik: Birds of Prey (39,99€)
- Manhunt 2 (12,99€)
- Iron Man (14,99€)
- Crush (14,99€)
- Exit 2 (17,99€)
- Full Auto 2 Battles Lines (14,99€)
- Gottlieb Pinball Classics (9,99€)
Tamén inclúe no seu catálogo unha serie de xogos Mini:
- Tetris (4,99€)
- Fieldrunners (4,99€)
- Pinball Fantasies (4,99€)
- Vempire (4,99€)
- Brainpipe (4,99€)
- Puzzle Scape Mini (2,99€)
- Alien Havoc (4,99€)
- Bloons (3,99€)
- Fortix (3,99€)
- Funky Punch (3,99€)
- Kahoots (2,99€)
- Hero of Sparta (4,99€)
- Breakquest (2,99€)
Para adaptarse á PSPgo tamén chegou unha actualización do firmware da PSP, o 6.10, que incorpora o soporte de MediaGo e SensMe no caso das PSP tradicionais, mentres que para a PSPgo inclúe a posibilidade de facer tethering, ou sexa, conectarse á Internet móbil a través dun terminal telefónico con Bluetooth.