Chega o Firefox 3 RC 2
xoves, 5 de xuño do 2008
Os usuarios que
queiran adiantarse ao Firefox 3 xa poden descargar a súa segunda
versión candidata que é un adianto do que será o novo navegador de
Mozilla que se estreará este mes coa intención de converterse na aplicación
informática máis descargada en 24 horas.
O Firefox 3 RC 2 xa se puido descargar
onte de xeito non oficial, e hoxe mesmo se incorporou á web do
proxecto e tamén se pode instalar dende as versións de proba anteriores deste
navegador.
A nova versión corrixe asà certos fallos de seguridade (bastante graves)
detectados na primeira versión candidata, pois consideraron pouco responsable
arranxar tales defectos nunha versión definitiva do programa e optaron por
solucionalos agora para que o Firefox 3 sexa o mellor produto posible no seu
lanzamento oficial.
