Circula pola Rede unha nova versión de proba de Windows 7
martes, 30 de decembro do 2008

- O escritorio do Windows 7 Beta build 7000 nunha imaxe publicada en Neowin
Nos últimos dÃas se
comentaba a posibilidade de que durante o CES de Las Vegas se distribuÃsen
versións de proba do futuro Windows 7, pero non haberá que agardar nin 2
semanas para botar un ollo ao estado actual do que será o sistema operativo que
tomará o relevo de Windows Vista, pois na
rede BitTorrent está a circular unha imaxe en DVD do Windows 7 Beta build 7000.
A nova versión de proba nos permite probar o que será o Windows 7, cómo
será a súa interface de uso, as aplicacións que incluirá, se
funciona axeitadamente nos nosos equipos… aÃnda que non hai que lembrar que non
se trata dunha versión final, polo que non será o suficientemente estable como
recomendarse o seu uso coma sistema operativo principal, e deberÃa quedar
relegado só a desenvolvedores de aplicacións ou hardware, que queiran adaptar
os seus produtos para o sistema operativo do futuro.
