Código Cero asistirá, xunto con outras 40 empresas, á Conferencia de Software Libre de Málaga

luns, 29 de setembro do 2008 Raquel Noya

A Conferencia Internacional de Software Libre, que vai ter lugar en Málaga os vindeiros días 20, 21 e 22 de outubro, tal e como xa apuntamos no seu día, pretende ser un punto de encontro entre empresas, administracións e universidades que pretenden migrar ou que xa migraron cara este tipo de entorno, os seus sistemas administrativos e de comunicación.
Por isto, o evento vai contar co apoio de máis de 40 empresas que terán como obxectivo conxunto mostrar o software libre “como unha realidade consolidada pola que é preciso apostar”.
Deste xeito, para a realización desta Conferencia, as Xuntas de Andalucía e Estremadura contan co apoio de empresas como Guadaltel, Fujitsu-Siemens, Vodafone, Atos Origin, Sun Microsystems, Telefónica, EDM Electronics, Sadiel, CEPES, Emergya, OKI, Graef, HP, Intecna, Ándago, IBM, Oesía (IT Deusto), e-Gim, Everis, IECISA, Intel, GMV, Oracle, Near Technologies, Bull, Caymasa El Sendero, Novasoftw, Telvent, Ingenia, Silicon Grafphics, Expansiva, EPTISA, Nokia, Ingres, Ximetrix, MP Sistemas, Yaco, Novell, GT Solutions e Smart.
Asemade, os organizadores destas xornadas abertas a todo tipo de público, contarán coa axuda doutras entidades como CENATIC, RTVA, o Centro de Excelencia de Software Libre de Albacete, o Parque Tecnolóxico de Andalucía (PTA), RETA, o Instituto Tecnolóxico de Informática (ITI), Enxeñería Sen Fronteiras, Iniciativa Focus, Fundación I+D Software Libre, ASOLIF e Andalibre, así como con medios de comunicación como Linux Magazine, Cibersur e a Gaceta Tecnolóxica que seguirán o acontecemento de preto para manter informada á sociedade interesada neste campo das novas tecnoloxías.
A nosa revista de novas tecnoloxías en galego, Código Cero, tamén estará na devandita Conferencia, aportando o seu gran de area cun especial interior de 8 páxinas dedicado ó software libre, que incluirá colaboracións especiais dos responsables de Mancomung e o CESGA así como unha entrevista á directora xeral da Sociedade da Información en Galicia, Elena Veiguela.
Entre outras cousas, este evento tamén contará coa participación de personalidades do ámbito das novas tecnoloxías e o Software Libre como Tim O´Reilly, principal ideólogo da denominada Web 2.0, a desenvolvedora Jo Walsh, o presidente da Fundación Osgeo, Tyler Mitchell, o director de fontes abertas de Sun Microsystem, Simon Phipps, e o director de Linux en HP, Bdale Garbee.

PUBLICIDADE