Comeza a normalizarse o abastecemento de dispositivos para acceder á TDT de pago
luns, 19 de outubro do 2009

- Algunhas tendas xa contan con stock dos receptores Q-Bo Premium de Televés
Despois
dun primeiro mes de abastecemento case nulo de receptores, a TDT de pago en
España comeza a normalizarse, e en
máis do 90% do territorio xa é posible adquirir tanto módulos CAM coma
receptores externos para poder acceder á TDT Premium, de xeito que a
demanda actual (que é bastante reducida) estase atender sen moita dificultade.
Agora xa non só temos dispositivos de Engel, senón que fabricantes coa Televés
e Ikusi xa teñen os seus receptores no mercado.
Podemos entender que xa é posible adquirir zappers
para a TDT de pago, faltando agora que cheguen as tendas outros dispositivos
máis avanzados que permitan a gravación, os servizos interactivos e a alta
definición, pois polo momento non hai receptores con estas posibilidades á
venda (agardándose que cheguen de cara ao Nadal).
