Comeza en Barcelona o Mobile World Congress
luns, 11 de febreiro do 2008
Dende hoxe ata o vindeiro xoves se celebra en Barcelona unha nova edición
do antes chamado 3GSM World Congress, que dende o presente ano responde ó nome
de Mobile World
Congress, e xunta a máis de 1.200 empresas procedentes de 191 paÃses e no
que se
agarda que asistan máis de 50.000 profesionais do sector tecnolóxico e da
telefonÃa móbil, aproveitándose o encontro para presentar novos produtos e
servizos.
Nesta edición se coñecerán máis detalles sobre as emerxentes conexións de banda
larga móbil, dende as actuais 3G e HSDPA ata as novas WiMAX e LTE. Tamén
presentarán novas aplicacións que permite levar servizos da Web 2.0 ó móbil, ou
mesmo unha versión limitada de Second Life.
Os rumores apuntan a que este evento será o escenario elixido para a presentación
do lanzamento do iPhone de Apple en España, que chegarÃa con conectividade 3G
antes do verán.
As distintas ponencias durante o Mobile World Congress se
poden seguir a través da Internet nunha retransmisión de vÃdeo de Telecom TV:
