Comeza en Vigo unha conferencia internacional para afondar en tecnoloxÃas que fortalezan a resistencia dos nosos peixes
martes, 25 de xuño do 2013
O Centro Cultural
Novacaixagalicia de Vigo acolle esta semana (de hoxe ao 28 de xuño)
a primeira conferencia internacional sobre tecnoloxÃas e
metodoloxÃas para a mellora da resistencia de diferentes especies
mariñas de gran relevancia para o noso medio ambiente e tamén para
a nosa actividade económica futura. Falamos de moluscos, peixes e
crustáceos, que durante este
encontro estarán no punto de mira de 350 investigadores do
sector da inmunoloxÃa procedentes de tódolos recantos do Estado
español e doutras partes do mundo. A xuntanza, que vén da man do
Centro Superior de Investigacións CientÃficos (CSIC), dirÃxese
igualmente a afondar na procura de compostos con aplicacións
biotecnolóxicas.
Un dos alicerces ou
orixes desta conferencia data de 2008, cando os investigadores do
Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC) acharon no
mexillón unha nova clase de péptidos antimicrobianos, a myticina C,
e comezaron a comprender o sistema inmune destes bivalvos e a estar
máis preto de desenvolver tratamentos preventivos. Cómpre lembrar
que estes moluscos, coma o resto de invertebrados, non son quen de
desenvolver unha inmunidade adquirida. Ademais, ao ser organismos
filtradores, poden chegar a amorear unha gran cantidade de bacterias
e virus. Para avaliar diferentes sistemas e tecnoloxÃas que garantan
a súa supervivencia, reuniranse estes dÃas en Vigo preto de 350
investigadores de todo o mundo, que amosarán os últimos avances en
investigación do sistema de defensa de moluscos, peixes e
crustáceos. A I Conferencia Internacional en InmunoloxÃa de Peixes
e Moluscos conta coa colaboración da Sociedade Internacional de
InmunoloxÃa destas especies e foi inaugurada este martes cun acto
que contou coa asistencia do presidente do CSIC, Emilio Lora-Tamayo,
o vicepresidente de Investigación CientÃfica e Técnica do CSIC,
Antonio Figueras, a director da área de Financiamento da Axencia
Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Benito Fernández, o
presidente da Sociedade Internacional de InmunoloxÃa de Peixes e
Moluscos, Guiseppe Scapigliati, e o segundo tenente de alcalde e
concelleiro da área de Seguridade, Mobilidade e Xestión Municipal
do Concello de Vigo, Carlos López.
Sinalar que esta
conferencia internacional será tamén unha oportunidade para que os
investigadores que levan a cabo traballos de xenómica con estes
animais profunden no seu comportamento, variación individual e
resposta ante o cambio global. CientÃficos como os estadounidenses
John Liu Zhanjiang, da Universidade de Auburn, e Steven B. Roberts,
da Universidade de Washington, ou o británico Simon MacKenzie, da
Universidade de Stirling, achegarán algunhas das claves destes
mecanismos con aplicacións potenciais en medicamento, alimentación
e cosmética.
