Comeza este xoves o Congreso Galego de Voluntariado 2008
luns, 7 de abril do 2008
Xuventude Galiza Net, a xuntanza de internautas e voluntarios da Rede, constituÃu en boa maneira a fase de quecemento doutro encontro para a mocidade comprometida que se celebra este xoves 10 e xusto no mesmo espazo e cidade: o Pazo de Congresos de Santiago (e tendo na organización ao mesmo equipo: a Dirección Xeral de Xuventude). Trátase do Congreso Galego de Voluntariado 2008, un foro que se apoia cada vez máis na tradución á vida real das vantaxes de convocatoria e implicación das ferramentas dixitais e que se artella cun alicerce semellante ó de XGN: o potencial dos rapaces e rapaces de Galiza e doutras comunidades como dinamizadores sociais.
A diferenza, leve, radica no seguinte: se en XGN temos rapaces e rapaces a traballar no afianzamento en Galiza do dixital, no Congreso de Voluntariado temos xente nova tentando consolidar frontes de acción solidaria na nosa terra.
Este último encontro, que xa vai pola terceira convocatoria, celébrase este xoves 10 de abril, e o obxectivo da organización vai máis ca nunca cara a este vieiro: deixar atrás o formato monográfico e adoptar feituras propias da Internet participativa, con grupos de debate, foros e comunicacións relacionadas con temas do eido da acción voluntaria, incluÃndo proxeccións de material audiovisual e fomentando o papel da web do congreso como eixe principal.
No dito espazo web xa se ten rexistrado actividade dende hai semanas coa presentación do programa ou da apertura de inscricións (que xa pechou hai uns dÃas).
