Comeza o IV Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal con 2.600 inscritos
mércores, 6 de novembro do 2024
Esta mañá botou a andar o IV Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, onde o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos subliñou que os rápidos e continuos avances tecnolóxicos serven para mellorar a calidade de vida das persoas e o seu benestar, asà como para ter uns servizos públicos e da Administración cada vez máis eficaces e para que os sectores produtivos xeren máis riqueza, á vez que animou a adaptar e actualizar os coñecementos e os mecanismos de resposta para loitar contra os ciberataques, ante o incremento exponencial do uso malicioso e malintencionado das tecnoloxÃas.
Lembrou que xunto con estes beneficios, os delitos informáticos duplicáronse nos últimos catro anos. A aposta da Xunta pola ciberseguridade foi clara desde o primeiro momento, con énfase na colaboración e o intercambio de información e experiencias, como a sinatura de acordos de colaboración co Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe) e co Centro Criptológico Nacional (CCN), en proceso de renovación neste momento, tras cinco anos de vixencia.
Destacou tamén a colaboración entre a AMTEGA e a EGAP, que permite o desenvolvemento anual do Curso Superior de Ciberseguridade, asà como cursos de formación continua neste tema destinados ao persoal empregado público de Galicia.
O conselleiro de Facenda fixo fincapé tamén na comunicación directa e continua coa cidadanÃa, a través de campañas de concienciación ou do portal Ciber Seguridade Galicia, que centraliza toda a información e ofrece mecanismos de consulta e comunicación de dúbidas ou incidencias.
Retos de futuro
Miguel Corgos afirmou que o Goberno galego está a promover o incremento das capacidades de defensa das empresas da comunidade, sobre todo das pequenas, xa que pouco máis da metade das que teñen menos de 10 persoas empregadas utiliza medidas de seguridade nas súas TiC.
Para iso son precisas infraestruturas que axuden na prevención, como o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia que se está construÃndo no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en Ourense, e ao que se lle destinan uns 6 millóns de euros en total.
Nesta liña, Corgos puxo en valor tamén a creación dunha rede de laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade, en colaboración con institutos tecnolóxicos e universidades, como parte dun proxecto RETECH que implica a tres Comunidades autónomas (Galicia, Cataluña e Valencia). Unha iniciativa que posibilitará a creación dun centro transrexional de innovación e competencia no ámbito da ciberseguridade, cun orzamento total de 58 millóns de euros, dos que 19 millóns de euros corresponden a Galicia.
Participación da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña tamén participa na cuarta edición do Encontro CIBER.gal, organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade e a AMTEGA, estando presente na inauguración institucional do evento o deputado de Facenda, José Ramón Rioboo.
O encontro rexitrou 2.600 inscritos entre a modalidade presencial e a telemática. Ademais, conta coas aportacións de máis de 60 expertos. O programa está focalizado en diferentes cuestións relacionadas coa ciberseguridade como a prevención, a xestión de crises ou a formación especializada na FP.