Compostela acollerá unha quedada sobre realidade virtual
luns, 17 de xullo do 2017
A realidade virtual é un ámbito que chama a atención tanto
de consumidores como desenvolvedores, e para que estes últimos poidan afondar
algo máis na materia o vindeiro 29 de xullo o local de Recuncho Maker acollerá o primeiro
Meetup Virtual Reality Santiago, un encontro de verán que terá importantes
limitacións de aforo (só poderán asistir 15 persoas) de xeito que os
interesados deberán inscribirse o antes posible.
Este meetup estará composto por
charlas áxiles e lixeiras para permitir que os asistentes poidan conversar de
xeito distendido e probar as tecnoloxÃas de realidade virtual valéndose dalgúns
cascos e cartóns.
Abrirá o encontro o seu organizador, Diego
F. Goberna, ás 11:00 horas, cunha presentación e un repaso do estado actual
da realidade virtual (dispositivos, plataformas, aplicacións...); seguirao Salvador de la Fuente de
Mozilla, quen introducirá ao framework A-Frame;
e completarán a xornada cunha charla distendida e probas en vivo.
