Conde destaca o talento e a innovación de UARX Space
venres, 14 de abril do 2023
O
vicepresidente
primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación,
Francisco Conde, visitou este venres 14 de abril a sede (en Nigrań,
Pontevedra) da compañía UARX Space, que segundo fixo saber
Conde, exemplifica o coñecemento, talento e innovación da industria
aeroespacial de Galicia.
Segundo
lembrou, a empresa, unha startup fundada en 2020 e
especializada no transporte de satélites a órbita, foi seleccionada
pola Axencia Espacial Europea para participar no primeiro lanzamento
do seu foguete de nova xeración Ariane 6 en decembro deste
ano. “Isto”, destacou, “vaille permitir realizar o primeiro voo
real dun dos seus dispositivos e suporá un salto cualitativo no seu
desenvolvemento polo valor de demostración que terá no mercado”.
UARX
Space forma parte do ecosistema de I+D+i que hai arredor do Polo
Aeroespacial de Galicia, impulsado dende a axencia GAIN (Consellería
de Economía) e traballa establecendo colaboracións estratéxicas
con empresas, centros de coñecemento e entidades de referencia no
sector.
A
aposta que Galicia está a facer polo Polo Aeroespacial abrangue a
colaboración coas grandes empresas tractoras do sector, como os
novos socios industriais da Xunta (Airbus, Avincis e Telespazio) e
tamén á industria máis innovadora, ensanchando a base deste sector
industrial e impulsando o seu liderado tecnolóxico.