Continúa a forte caída de liñas móbiles en España

mércores, 16 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións publica o seu informe correspondente ao mes de novembro de 2012 (que podemos descargar en formato PDF), cunha de cal e outra de area, pois mentres destacan 86.296 novas liñas de banda larga (o segundo mellor rexistro do ano) tamén repítese unha forte caída no móbil, con 452.000 liñas menos (moi preto das 486.183 liñas perdidas en outubro), das que a meirande parte corresponde a Vodafone (287.231) e a Vodafone (252.379) mentres que o Operadores Móbiles Virtuais (OMV) conseguiron rexistrar unha ganancia neta de 88.155 liñas.
Entre os datos publicados pola CMT destaca unha curiosidade que parece indicar unha tendencia imparable, pois o número de liñas M2M (asociadas a comunicacións de datos entre máquinas) chegou aos 2.756.611, superando por primeira vez na historia ás liñas de datos para persoal (que levan bastantes meses caendo, o que parece responder en boa medida á posibilidade de compartir a banda larga dos smartphones con outros dispositivos).
Aínda que a caída de liñas móbiles en resposta á conxuntura económica pareza moi pronunciada, cómpre destacar que no período rexistrado o número de liñas móbiles (sen incluír as mencionadas M2M) era de 1,153 por habitante, dando a impresión de que imos avanzando cara a unha racionalización do mercado.

Balance neto de liñas móbiles en novembro de 2012