Convocan 10 bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro
venres, 7 de agosto do 2020
A ConsellerÃa de
Cultura e Turismo publica hoxe no Diario
Oficial de Galicia a convocatoria de dez bolsas de formación
en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para
a Investigación en Humanidades (CRPIH). A convocatoria ten como obxectivo
reforzar a investigación lingüÃstica, literaria, histórica e antropolóxica
sobre a lingua propia de Galicia, co fin de avanzar na súa normalización e
promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.
En
concreto, os proxectos para os que se convocan prazas son o Dicionario
galego-italiano (Galita), BibliografÃa da literatura galega, Corpus de
referencia do galego actual (Corga), Cantigas de Santa MarÃa, Prosa literaria
medieval, TerminoloxÃa cientÃfico-técnica, Recursos para o desenvolvemento das
tecnoloxÃas da fala, Proxecto Base de datos do Atlas LingüÃstico Románico
(ALIR) e Dicionarios de literatura. A duración das bolsas abranguerá do 1 de
novembro de 2020 ao 31 de outubro de 2022, cunha retribución mensual de 990
euros.
As
solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de
Galicia desde mañá ao vindeiro 7 de setembro.
Máis de 500 investigadores en 26 anos
O
Centro Ramón Piñeiro é un organismo dependente da ConsellerÃa de Cultura e
Turismo que se encarga de impulsar e difundir proxectos de investigación
lingüÃstica, literaria, histórica e antropolóxica centrados en Galicia.
Actualmente, as súas liñas de traballo xiran arredor da lingüÃstica aplicada, a
literatura medieval, a recuperación de publicacións literarias ou a identidade
colectiva desde o punto de vista antropolóxico. Desde a súa fundación, hai 26
anos, pasaron máis de 500 investigadores ou bolseiros que formaron parte dos
diferentes proxectos de investigación impulsados desde o centro.
Do
mesmo xeito, a Xunta de Galicia, no marco da súa aposta pola formación e
excelencia, vén ofertando nos últimos anos un amplo abano de programas
formativos en todas as súas áreas. AsÃ, no caso da ConsellerÃa de Cultura e
Turismo convócanse anualmente máis dun cento de prazas que permiten ampliar a
formación e coñecementos nos ámbitos culturais e turÃsticos con estadÃas en
bibliotecas, arquivos, oficinas de turismo ou universidades, entre outras.