CrossOver Games permite utilizar xogos de Windows baixo Linux e Mac OS X

xoves, 27 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Proceso de instalación de Crossover Games

Codeweavers é unha empresa especializada en achegar aplicacións para Windows a outras plataformas, e na súa liña vén de lanzar CrossOver Games, un sistema que permite gozar en plataformas Linux e Mac OS X de xogos para Windows coma World of Warcraft, Guild Wars, Half-Life 2, Call of Duty 2 e outros ata sumar un total de 92 títulos oficialmente soportados.
Esta nova ferramenta parece atractiva para usuarios que queiran botar partidas ocasionais sen reiniciar o seu equipo, posto que moitos dos ordenadores con Linux ou Mac OS X non terían problemas en funcionar con Windows, polo que a adquisición desta ferramenta por 37 euros parece algo pouco atractivo para a meirade parte os usarios (que tamén pode optar por outros tipos de emulación máis completos, e que non se limitan a un reducido grupo de xogos).

PUBLICIDADE