DICO Summit, unha fiestra ao presente e futuro do audiovisual
martes, 24 de xaneiro do 2017
A primeira edición de DICO Summit quere servir para amosar
unha imaxe do presente e futuro do sector dos contidos dixitais, para o que o
debullan distintas faces do sector, para que os profesionais poidan coñecer a
situación actual e as tendencias de mercado para actuar en consecuencia de cara
a explorar novos nichos de negocio e animarse a explorar as sendas da
innovación.
De cara aos creadores de contidos resultarÃa de especial interese a visión das
propias canles de televisión coas intervencións de representantes de History
Channel e VIACOM para coñecer o que estas importantes compañÃas están a facer,
o que pode ser de utilidade para presentarlles propostas de contidos.
As canles
Baixo o tÃtulo de Contidos Dixitais nun
mundo conectado comezou a falar Carolina Godayol, de History Channel, quen
abriu destacando a velocidade actual do sector audiovisual e situou á
televisión como o elemento chave do mesmo, achegando unha importante reflexión:
a produción local da súa compañÃa vai dirixida a un público xeral. Deste xeito,
as produtoras interesadas en preparar produtos para esta plataforma sabe cara
onde apuntar, para pode engordar o catálogo de produtos televisivos creados
aquÃ, que actualmente superan os dous centos.
Pola súa banda, Daniel Muñoz (VIACOM) comezou asegurando que o seu público está
composto principalmente por seareiros (fans),
como pode verse claramente no caso da canle MTV. Para conseguir iso considera
esencial que os contidos busquen a relevancia sendo atractivos para todos, para
o que apostan por marcas (como Bob Esponja, as Tartarugas Ninja ou La Patrulla
Canina) e non só por canles de televisión.
Muñoz tamén considera importante adaptar os contidos ás distintas pantallas a
través das que chegan ao público final, sendo moi importante facilitar o
consumo á carta e en mobilidade, e como exemplo de innovación citou o caso de
MyNickJr., unha plataforma interactiva que facilita que o espectador poida
configurar fluxos de programación lineal a través da definición dunha serie de
parámetros, o que supón un valor engadido moi interesante, no que xogan papeis
importantes dende a interface de usuario ata o motor de recomendacións
empregado (tendo que ser forte cada elo da cadea de querer garantir a calidade
esixida polo consumidor).
Conclúe dicindo que a realidade do sector, pese ao que podemos pensar, é a
mesma que hai 10 anos, pero actualmente está en expansión, de xeito que non
terÃa sentido discutir se hai que apostar ou non polos contidos dixitais, senón
que o discurso deberÃa ser se innovar ou non.
Os operadores
En España temos unha situación moi especial na distribución de contidos
audiovisuais para o fogar, na que os operadores de telecomunicacións cos seus
paquetes combinados son os grandes axentes, de aà que o panel Plataformas de contidos e novos mercados
estivese protagonizado por representantes de compañÃas como Orange, Vodafone,
Euskaltel e Andorra Telecom.
José Antonio Guzmán, director de televisión de Orange, insistiu no bo momento
que a ficción televisiva está a vivir, e apuntou ás grandes oportunidades que
están a xurdir grazas á banda larga, á publicidade moi dirixida, á realidade
virtual, á interacción directa co cliente e aos sistemas preditivos, que
incluso préstanse á exploración de novos modelos de negocio no que as
operadoras e as produtoras poden optar por fórmulas nas que comparten riscos na
procura da innovación.
Tamén chamou á prudencia, xa que destacou que a innovación vai máis rápido que
os hábitos de consumo e a implantación industrial, lembrando que son moitos os
fracasos de produtos por chegar ao mercado antes de tempo. Teme que esteamos
nun momento no que o mercado estea xa saturado coa oferta de contidos, xa que
actualmente o volume de produción televisiva é moi superior ao que os
consumidores con capaces de ver, polo que cada vez é máis importante saber
facer atractivos os produtos para poder destacar entre toda a oferta.
Rematou criticando a situación actual do mercado, que considera distorsionada
pola chegada dos grandes operadores OTT como Netflix, que chegan cos petos
cheos para tentar facerse con todo o sector, resultando moi difÃcil reaccionar
ante a situación actual.
Jesús J. RodrÃguez Ramos, director do produto televisivo de Vodafone Spain,
constatou que o mercado da televisión de pagamento en España está a medrar (lentamente),
polo que aÃnda haberÃa bastante marxe de crecemento. Destacan que a súa
compañÃa optou pola agregación, para que os seus clientes poidan gozar dun
xeito doado das diferentes plataformas audiovisuais, que poden contratar a
través deles e pagar nunha única factura. Neste contorno ve importante dotar ao
cliente de ferramentas para o descubrimento de contidos.
A directora de innovación e televisión de Euskaltel, Idoia Uriarte, salientou a
posición lÃder que Euskaltel e R teñen nos territorios onde están presentes e
comentou as innovacións que foron incorporando á súa oferta audiovisual no
último ano (como tv
comigo) e salientou que de cara ao futuro continuarán a apostar pola
flexibilidade da súa oferta de contidos.
Aposta pola innovación
Completaron o panel representantes de Atresmedia, RTVE, PRISA e Wuaki TV,
que achegaron unha visión dos contidos en medios, canles e novas plataformas.
No caso de RTVE Alejandro Vega MartÃn narrou os éxitos da compañÃa co
xornalismo móbil e na participación en proxectos innovadoras nos que tiraron
proveito de tecnoloxÃas como o vÃdeo en 360 graos, conseguindo resultados moi
satisfactorios.
Javier Lasa (PRISA) tamén quixo expor a ampla estratexia dixital da súa
compañÃa, que está a preparar numerosas novidades para os vindeiros meses, con
proxectos de colaboración con Google, Facebook e YouTube; aÃnda que tamén
salientou as dificultades para adoptar modelos de negocio viables na actual situación.
Como curiosidade, mencionou que traballan con grellas nas que figuran tanto a
oferta de contido lineal (tradicional) e as retransmisións en directo por
Facebook, que aÃnda que non son fixas (no caso das retransmisións en liña)
poden ilustrar sobre os cambios que están a experimentar na compañÃa á hora de
afrontar a situación actual.
Pechou o panel José Monleón de Wuaki TV, quen explicou a historia e
funcionamento da súa plataforma de vÃdeo baixo demanda, o que serve como
exemplo de emprendemento. Esta pequena iniciativa desenvolvida dende España
chegou a chamar a atención do xigante de comercio electrónico chinés Rakuten,
que os absorbeu
en 2012.
As tecnoloxÃas que farán posible o audiovisual que vén
Pola
tarde, logo do xantar, DICO Summit acolleu a mesa redonda ConstruÃndo a
base para os contidos dixitais do futuro, que contou coa presenza de Danny
Vossen, director de Estratexia de Technicolor, Antonio RodrÃguez del Corral,
presidente do Clúster TIC de Galicia, Xavier Cosculluela, responsable de
Servizo de Nagra e Jaume Figueras, director de TecnoloxÃa de Nokia. No transcurso
desta mesa, Vossen fixo un percorrido polo presente e o futuro inmediato de
Technicolor, fabricante francés de electrónica e provedor de servizos
multimedia avanzados, con presenza en 30 paÃses.
O relator mencionou as
contribucións da súa compañÃa ao cinema actual (deixando pegada en filmes tan
salientables como The Martian, de Ridley Scott), enumerou algúns dos
seus clientes potenciais (Canal+, Warner Bros, Paramount, Disney, Netflix, Fox
ou DreamWorks) e debullou tamén as súas liñas estratéxicas máis inmediatas (por
exemplo a realidade envolvente ou inmersiva, en palabras de Vossen «a
seguinte xeración de tecnoloxÃa audiovisual»).
Na mesa tamén participou Xavier Cosculluela, responsable de
Servizo de Nagra, compañÃa de orixe suÃza centrada na TV dixital e en fornecer
ferramentas avanzadas a provedores de contidos e operadores en todo o mundo.
Cosculluela lembrou que parte da liña estratéxica de Nagra baséase no
subministro de plataformas e aplicacións seguras, abertas e integradas en
plataformas de difusión. Entre as empresas que tiran proveito das tecnoloxÃas
da compañÃa atópanse Movistar+ ou a galega R.
O terceiro relator da mesa foi Jaume Figueras, director de
TecnoloxÃa de Nokia, que achegou unha manchea de datos sobre a vertente máis
investigadora e innovadora da compañÃa de móbiles, unha firma que, segundo
dixo, «xa leva investidos máis de 115.000 millóns de euros en Investigación e
Desenvolvemento», cubrindo cos seus milleiros de ducias de patentes todo tipo
de tecnoloxÃas para teléfonos intelixentes, tabletas, computadoras portátiles e
outros dispositivos. «Nokia», sinalou, «quere seguir sendo innovadora e quere
estar xusto no miolo do futuro das telecomunicacións ao longo da vindeira
década».
A devandita mesa foi seguida por un panel, A produción
audiovisual en plena era dixital, no que participaron o director e
escritor galego Jorge Coira, director e escritor galego, o novo director do
Clúster Audiovisual Galego e director de Adiviña Producións, Jorge Algora, a
directora do Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) de La Voz e
especialista en novos medios, MarÃa José Arrojo, e o director executivo de Glue
Digital, Javier Blanco Thomas. O director da CRTVG, Alfonso Izquierdo, foi o
encargado de moderar a mesa.
