DVD Jon publica unha aplicación que permite copiar música de iTunes
mércores, 20 de febreiro do 2008
O popular Jon Lech Johansen (máis coñecido coma DVD Jon) vén de lanzar dende a súa empresa DoubleTwist unha aplicación
informática que permite intercambiar contidos multimedia entre distintos
dispositivos de xeito que mesmo os temas adquiridos a través da Internet (e
protexidos con sistemas DRM) se poden copiar a reprodutores de distintas
marcas.
O DoubleTwist Desktop
permite que as cancións xestionadas dende iTunes se poidan copiar a
reprodutores multimedia e consolas de videoxogos portátiles alleos a Apple. A
aplicación é compatible coa PSP, os móbiles da N-series de Nokia, os
dispositivos Walkman e Cybershot de Sony Ericsson e os teléfonos intelixentes
co sistema operativo Windows Mobile.
O software permite
a conversión de ficheiros a un formato compatible co dispositivo de destino,
dando máis liberdade ós usuarios e evitando os restrictivos controis de copia
dalgúns formatos de ficheiros
multimedia.
