Definen as especificacións do que serán os novos Origami 2.0
martes, 22 de maio do 2007
O
proxecto Origami de Microsoft, que era o que sentaba as bases dos UMPC ou
ordenadores ultra-móbiles, está a ser revisado de xeito que xa hai unhas
especificacións do que serán os Origami 2.0: equipos con pantallas de ata 7
polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, teclado
QWERTY, un grosor de entre 18 e 20 mm, un mÃnimo de 1 Gb de RAM e
conectividade sen fÃos Bluetooth, Wi-Fi e WiMAX.
Segundo Vikram Madan, director de desenvolvemento de Microsoft, os novos UMPC
terÃan un prezo de entre 499 e 599 dólares (fronte os prezo actual, que vai
dende os 600 e os 1.000 dólares) para poder acadar o éxito que non conseguiu a
súa anterior xeración, que resultaba
pouco axeitada para a demanda do mercado.
