Desvélase a relación de relatores da vindeira edición de TEDxGalicia
mércores, 15 de xuño do 2016
O
vindeiro 16 de xullo a partires das 11:00 horas botará a andar unha nova edición de TEDxGalicia
no andar -1 do Museo Gaiás, que baixo o lema De que está feito o futuro? xuntará diversos relatorios nos que
explorarán como imos ser como individuos e sociedade, asà como chamará á
reflexión sobre o noso papel no rumbo que estamos a tomar.
Estamos ante a edición máis ambiciosa desta serie de eventos locais
independentes organizados baixo o paraugas das siglas TED (TecnoloxÃa, Entretemento
e Deseño), xa que desta volta en vez de 2 sesións de charlas, realizaranse 3,
de xeito que unha sesión matinal completará o programa que habitualmente só
estaba dividido en dúas sesións de tarde.
As sesións están compostas por intervencións inferiores aos 18 minutos de
duración e pese a que non se coñecÃa o programa da vindeira edición, hai
semanas que se esgotaron os billetes para poder asistir a este evento que
durante as últimas horas desvelou o seu cadro de relatores a través de catro vÃdeos publicados en
Facebook.

- O cómico e informático VÃctor Grande será un dos relatores da nova edición de TEDxGalicia
Deste xeito por fin sabemos que as intervencións correrán a cargo da economista
ambiental MarÃa Loureiro, o músico Carlos GarcÃa Amigo, a xestora
de Doutroxeito Coworking Chus Prol, o actor Óscar RodrÃguez, a
experta na xestión do optimismo nas organizacións Belén Varela, o
divulgador tecnolóxico Marcus
Fernández, a autora do libro NETiqueta.
Comunicación en Entornos Digitales Mar Castro, o
informático Javier
Pedreira Wicho, a pintora Dores Allegro, o pai Ricardo González,
o ruralista Xosé
LuÃs Carrera, a artesá Idoia Cuesta,
o deseñador Juan Ares, o cómico VÃctor Grande, o xornalista Nacho Carretero, o mestre Alberto
Sacido e o arqueólogo José
Manuel Costa.
Os relatorios grávanse en vÃdeo para a súa posterior publicación en YouTube,
fórmula coa que as charlas TEDx buscan chegar ao grande público, facilitando
asà a divulgación dos temas abordados en cada edición anual destes eventos
independentes que van collendo cadansúa identidade e consolidando unha
comunidade ao seu redor, como se demostra polo poder de convocatoria que teñen
estas xornadas en Galicia, cun público entregado adquirindo os billetes a cegas de xeito anticipado, como un
xeito de contribuÃr a que estes encontros continúen adiante co seu pulo
habitual.

- Entre os relatores confirmados nos últimas horas figuran Mar Castro e Javier Pedreira Wicho
