Diego Mariño (Abiquo) e Marta Sánchez (SeedRocket) estarán no vindeiro Iniciador Galicia

mércores, 19 de maio do 2010 Marcus Fernández

Diego Mariño (Abiquo) será un dos convidados da nova edición luguesa de Iniciador Galicia

Os encontros de emprendedores de base tecnolóxica Iniciador Galicia continúa a súa xeira pola nosa comunidade e o vindeiro 28 de maio ás 19:00 horas recalará no CEI – NODUS de Lugo, atendendo á alta demanda do público local deste tipo de eventos, contando desta volta con Diego Mariño (co fundador da plataforma de cloud computing Abiquo) e Marta Sánchez (manager de Seed Rocket) coma convidados que compartirán as súas experiencias cos interesados en escoitar as súas palabras e aprender así tanto os erros coma os acertos de emprender unha compañía coma Abiquo, podendo facerse tamén un achegamento ao funcionamento do Campus do que naceu esta compañía e que vén de pechar unha quenda de financiamento de 5,1 millóns de dólares.
Os interesados en asistir a este interesante encontro poden confirmar a súa presenza a través de Facebook ou facendo uso do correo electrónico.