Dispoñible para a súa descarga o Firefox 4 Beta 1
mércores, 7 de xullo do 2010
AÃnda que queda un longo treito para o lanzamento do Firefox 4, os
desenvolvedores poden xa descargar a súa primeira versión de proba, que permite
botar unha ollada ao que pretende achegar o navegador da Fundación Mozilla na
súa vindeira xeración, e que polo momento non é o suficientemente estable como
para animar a usuarios finais a instalala.
O Firefox
4 Beta 1 incorpora ducias de grandes melloras, das que esperan comentarios
para marcar o camiño que seguirán, e o seu cambio máis notable para os usuarios
de Windows é que a barra de menú vese substituÃda por un único botón, á vez que
as pestanas pasan á partes superior da fiestra do navegador, dando prioridade
ao contido da web fronte á interface do programa (aÃnda que estes cambios de
interface aÃnda non poden verse nas versións para Mac OS X e Linux).
Pero esta nova versión de proba tamén inclúe un novo administrador de engadidos
(facilitando a personalización do navegador), mellor soporte de vÃdeo en alta
definición en HTML5 (soportando tamén o formato WebM), melloras na protección
da privacidade, protección contra os fallos de execución dos engadidos (que
agora non forzarán o peche do programa) e un mellor rendemento.
Os programadores agradecerán novidades coma un intérprete de HTML, WebSockets
(para permitir a interacción en tempo real durante sesións de chat ou xogos),
IndexedDB (unha estrutura de almacenamento para as aplicacións web), a
posibilidade de crear engadidos para o navegador que non precisen o reinicio do
mesmo para utilizalos e outras funcionalidades que demostran que o navegador de
escritorio máis popular tras o Internet Explorer continúa moi vivo.
