Dress permite deseñar a roupa dos avatares de Home
venres, 16 de xaneiro do 2009
Os usuarios nipóns da
PlayStation 3 poden personalizar de xeito notable os seus avatares en Home grazas á ferramenta
de pago Dress: Everybody’s Fashion
Entertainment, que vén a ser un editor de personaxes centrado na
súa roupa, podendo incluso partirse de deseños de marcas de moda coas que Sony
chegou a acordos.
Esta funcionalidade estaba prevista para a versión final de Home (que lembremos que aÃnda está nunha
fase de probas) e polo
momento só se pode utilizar no Xapón, descoñecéndose cando chegará a
Europa.
Anuncio de Dress que se puido ver na pasada edición do Tokyo Game Show

