Duet Display permite converter o iPad Pro nunha tableta gráfica para ordenador
luns, 31 de outubro do 2016
Hai
tempo que a
aplicación Duet Display chamaba a atención por permitir converter un iPad nun
monitor externo para OS X e Windows, o que facÃa que durante o traballo de
escritorio puidese aproveitarse a tableta de Apple para incrementar a
produtividade, pero esta ferramenta
que podemos mercar na App Store por 19,99 euros vén de dar un importante
salto ao incorporar compatibilidade co iPad Pro e Apple Pencil, de xeito que os
usuarios que teñan a tableta de Apple con lapis dixitalizador poderán empregar
o dispositivo a xeito de tableta gráfica, para poder debuxar de xeito
profesional no seu ordenador (suplindo a carencia de software profesional que
ten o mal chamado iPad Pro).
Para usuarios que conten cun iPad Pro pode resultar moi práctico poder
convertelo no equivalente a unha tableta gráfica Wacom (ou semellante) mediante
software, precisando só conectar a tableta ao ordenador mediante un cable, para
que logo o software desenvolvido por Duet
Display poida transmitir a información do Apple Pencil a grande velocidade,
de xeito que o retardo non se converta nun atranco á hora de debuxar con
ferramentas informáticas valéndose desta solución que, para un mellor
funcionamento precisarÃa da súa
versión Pro, modelo de subscrición que por 19,99 euros/ano (que poden
pagarse dende a propia aplicación) incorpora a esta ferramenta unha maior
precisión, facendo que a presión e a inclinación do Apple Pencil tamén se teñan
en conta á hora de debuxar, conseguindo un resultado máis natural nas
aplicacións profesionais que detectan este tipo de información (como Photoshop
ou Corel Painter).
