EGANET organiza as súas primeiras xornadas sobre software libre

luns, 16 de outubro do 2006 Marcus Fernández

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) organizou para os días 19 e 20 de outubro unha sesións de software libre nun acto patrocinado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria que se celebrará na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre en Santiago de Compostela.
A I Xornada sobre Software Libre EGANET contará o xoves coa presenza de 4 expertos en distinto ámbitos que responderán a unha serie de preguntas previamente establecidas tralo que se dará paso a unha mesa redonda que convidará ós asistentes ó debate, sendo a inscrición gratuíta (con aforo limitado) para o que se dirixen tanto a socios de EGANET como a responsables de empresas TIC en xeral.
O venres, por outra banda, os actos estarán reservados para os socios de EGANET, que participarán nun Taller de introdución á instalación e administración de servidores con sistemas GNU/Linux.

PUBLICIDADE