El Corte Inglés comeza a vender o seu propio lector de e-books
martes, 4 de agosto do 2009
Os dispositivos de lectura de
libros electrónicos poderÃan popularizarse en España este ano, e coma signo
diso temos que El Corte Inglés vén de incorporar ao seu catálogo de produto o Inves-Book
600, ou sexa, un trebello de fabricación propia (da filial
Inves) que segundo
comentan serÃa o lector
máis básico da taiwanés Netronix, polo que parece que están a probar a
resposta do mercado, para decidir se no futuro achegan dispositivos con
pantalla táctil e conectividade sen fÃos, que son os que teñen un futuro máis
decidido, pero que polo momento resultan algo caros.
O Inves-Book 600 utiliza tecnoloxÃa E Ink, goza dunha pantalla de 6 polgadas
cunha resolución de 600 x 800 pÃxeles, amosa 8 niveis de gris, ten unha baterÃa
que permitirÃa a lectura de 8.000 páxinas, conta cunha memoria interna de 512
Mb ampliable mediante tarxetas SD de ata 4 Gb, soporta ficheiros TXT, FB2,
HTML, PRC, PDF, EPUB, JPEG e MP3, mide 118 x 188 x 8,5 milÃmetros e pesa 174
gramos. Véndese a 299 euros e inclúe cable USB, cargador, auriculares estéreo e
120 libros clásicos e contidos de actualidade de distintas editoriais (Cambridge,
Harlequin Ibérica, Vitruvio, Edaf, Verbo Divido, Equipo Sirius, Ecir Editorial,
OCV, E-Liatterae, Ediciones STJ , Nowtilus, D.Ediciones, Plaza y Valdés,
Marcombo, Pierre, INAP, Miniterio EconomÃa y Hacienda, Visión, Graó, Nostrum,
Dykinson, Linkgua e Paréntesis Editorial).
